miércoles, 9 de noviembre de 2016

Actividade semanal

Despois de ler o primeiro capítulo, quedounos claro que Harry non pasou unhas boas vacacións xunto coa súa familia. Pero, quen o dubidaba?

Como primeira proba semanal, esta vez de xeito individual, teredes que escribirlle unha postal a Harry para felicitalo polo seu aniversario.

Premiaremos a vosa orixinalidade, pero tamén o deseño e a coherencia do texto. 

Aqueles alumnos e alumnas que presenten as súas postais a tempo, e cumpran os criterios dados recibirán 10 puntos que nas vindeiras semanas se sumarán as puntuacións que iredes acadando por equipos.

Moito ánimo e poñer a traballar as vosas cabeciñas!!!




Albus Dumbeldore
Orden de Merlín, Primera Clase,
Gran Hechicero. Jefe de Magos, Jefe Supremo,  Confederación Internacional de Magos.


                                                   9 de Novembro  de 2016

Meu querido alumno:
Póñome en contacto contigo porque non tiven novas de Harry dende o pasado xuño. Moito me temo que os seus tíos o teñan retido e incomunicado.
Nuns días será o seu aniversario, e gustaríame que lles enviásedes a través das vosas lechuzas unha tarxeta de aniversario cos vosos mellores desexos.
Espero que pasarades unhas felices vacacións e vémonos nuns días.
                                                                                     Moi cordialmente,
                                                                                  Albus Dumbledore
Director de Hogwarts 

No hay comentarios:

Publicar un comentario