Despois de ler o primeiro capítulo, quedounos claro que Harry non pasou unhas boas vacacións xunto coa súa familia. Pero, quen o dubidaba?
Como primeira proba semanal, esta vez de xeito individual, teredes que escribirlle unha postal a Harry para felicitalo polo seu aniversario.
Premiaremos a vosa orixinalidade, pero tamén o deseño e a coherencia do texto.
Aqueles alumnos e alumnas que presenten as súas postais a tempo, e cumpran os criterios dados recibirán 10 puntos que nas vindeiras semanas se sumarán as puntuacións que iredes acadando por equipos.
Moito ánimo e poñer a traballar as vosas cabeciñas!!!
Albus Dumbeldore
Orden de Merlín, Primera Clase,
Gran Hechicero. Jefe de Magos,
Jefe Supremo, Confederación
Internacional de Magos.
9 de Novembro de 2016
Meu querido alumno:
Póñome en contacto contigo porque non tiven novas
de Harry dende o pasado xuño. Moito me temo que os seus tíos o teñan retido e
incomunicado.
Nuns días será o seu aniversario, e gustaríame
que lles enviásedes a través das vosas lechuzas unha tarxeta de aniversario cos
vosos mellores desexos.
Espero que pasarades unhas felices vacacións e vémonos nuns días.
Moi cordialmente,
Albus Dumbledore
Director de Hogwarts
No hay comentarios:
Publicar un comentario