Que tal, falconciños?
Por fin sabemos que a personaxe misteriosa que estaba a agardar a Harry no seu dormitorio non era outra máis que Dobby, un entrañable elfo doméstico que nos acompañará durante toda esta aventura.
Dende o Equipo da Biblioteca decidimos que qué mellor maneira que levalo sempre con nós que realizalo nós mesmos.
MATERIAL NECESARIO:
- Fieltro rosa, verde, branco e negro
- Tixeiras
- Pegamento ou cinta de dobre cara
- Rotulador marrón e vermello
- Recheo
- Imperdible
CÓMO TEMOS QUE FACER:
Dobramos o fieltro rosa por a metade e recortamos a silueta da cara de Dobby, de tal xeito que nos queden dúas partes. A continuación recortamos o fieltro branco coa forma dos ollos, o fieltro verde con forma circular máis pequeno que o branco e dous circuliños pequenos negros.
Pegamos o fieltro negro ao verde; o verde ao branco e o branco na cara de Dobby para formar os ollos. Debuxamos o nariz co rotulador marrón e a boca co rotulador vermello.
Pegamos as dúas partes rosas e deixamos un buratos por onde metemos o recheo despois cerramos completamente. Tamén pegamos o imperdible á parte traseira de Dobby. Se non pega co pegamento podemos empregar pistola coa supervisión dos profes e...Listo! Xa temos ao noso Dobby particular!