miércoles, 9 de noviembre de 2016

TRIVIAL DO CAPÍTULO 1

Como xa ven sendo tradición nos nosos clubes de lectura, aquí vos deixamos un pequeno trivial onde teredes que demostrar canto sabedes sobre o capítulo 1. Quen de vos será capaz de contestar máis preguntas? A xogar!!!!

viernes, 4 de noviembre de 2016

Comezamos co noso clube de lectura

Bo día, Falconciños:

 Comezamos co noso clube de lectura e despois dunhas eleccións moi reñidas, o libro escollido para este primeiro trimestre foi:

Harry Potter y la cámara secreta

Comezamos o vindeiro mércores día 9 co primeiro capítulo.


miércoles, 11 de mayo de 2016

TRIVIAL HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL CAP 17

Boas Falconciños: Aqui vos deixo o último trivial da temporada

miércoles, 4 de mayo de 2016

TRIVIAL HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL: CAPÍTULO 16

Bos días, Falconciños! Chegamos ao final desta historia e non podemos xa cos nervios de saber quen se quere facer coa Pedra Filosofal. Sen máis, deixovos o trivial do capítulo 16 "A través de la trampilla". Harry, Ron e Hermione deciden actúar e protexer a Pedra Filosofal de aquel que se quere facer con ela. Pero quen será ese misterioso personaxe: Snape? Voldemort?Non queda nada para averigualo

jueves, 14 de abril de 2016

Trivial capítulo 14: Norberto el ridgeback noruego

Bos días Falconciños, 

Aquí vos deixamos unha nova entrega do noso trivial. Desta volta  coñeceremos unha fantástica criatura gracias a Hagrid e as súas ocurrencias. Que esperades para comenzar a xogar?

jueves, 17 de marzo de 2016

TRIVIAL EL GRAN LIBRO DEL REINO DE LA FANTASÍA (CAPÍTULOS FINALES)

Bos días, Falconciños: Hoxe rematamos co noso clube de lectura sobre Gerónimo Stilton. Gerónimo xa está de volta na casa e nós tristes porque remata esta fantástica aventura. Pero.....aínda nos quedan ganas de xogar, non si? Asi que sin máis, deixamosvos coa última entrega do noso trivial e a esperanza de volver atoparnos por aquí. Un saúdo!

miércoles, 9 de marzo de 2016

TRIVIAL HARRY POTTER CAPÍTULO 12

Boas Falconciños, Aquí vos deixamos unha nova entrega do capítulo 12 de Harry Potter no que o noso protagonista descubre o espello de Oesed. Pero qué poderes especiais ten este espello? Imos a xogar